O Consello Reitor do IMCE dá luz verde a un modificativo que si inclúe todas as facturas pendentes, como demandaba o BNG
O Consello Reitor do IMCE -cos votos a favor do Goberno Local e do BNG e o voto en contra do PP- aprobou o recoñecemento extraxudicial de créditos que permitirá o pagamento das facturas pendentes de 2023, por un importe de 4,1 millóns de euros.
En resposta ao BNG, o Goberno Local admite que no IMCE hai cuestións orzamentarias a corrixir e servizos "sen cobertura contractual"
Non imos avalar a xestión irregular do IMCE: cómpre un modificativo con todas as facturas pendentes e recursos suficientes para 2024
O crédito extraordinario do IMCE fica fóra deste Pleno ao comunicarlle o BNG ao PSOE que non o apoiaría por non contemplar todas as facturas pendentes
O BNG abstense no IMCE ao non se contemplar o pagamento de todas as facturas pendentes
Destapamos os máis de 1.260.000 € de gastos con reparos de legalidade do IMCE
Denunciamos gastos de máis de 1.260.000 euros con reparos de intervención no Instituto Municipal Coruña Espectáculos desde comezo de mandato
Tivemos acceso a 215 gastos que presentan algún reparo de legalidade, no maior dos casos “gastos de necesidades permanentes e continuadas que requiren a formalización dun contrato” segundo a propia intervención
Segundo a propia liquidación do IMCE, os gastos con reparos realizados só en 2016, xa con contratos e servizos comprometidos polo Goberno municipal actual, ascenderon ao 15 % sobre os pagos realizados, o que supuxo máis de 785.000 euros
O Salvamento nas praias, o IMCE e a seguridade en Alfonso Molina as nosas preguntas orais de xuño
Estas son as nosas preguntas para a súa resposta oral que facemos para o Pleno ordinario de xuño: o servizo de Salvamento e Socorrismo en praias, os gastos con reparo de intervención do IMCE e a seguridade viaria no tramo de competencia municipal de Alfonso Molina
Xa que logo, pasados dous meses desde que puxemos en coñecemento ao Goberno municipal os incumprimentos que detectamos no servizo de Salvamento de Socorrismo nos areais da nosa cidade, e sen contestación algunha nin actuacións por parte do Executivo, levamos a Pleno a nosa denuncia para que se dea cumprida resposta e se aclare se a empresa concesionaria seguirá realizando o servizo
Tamén queremos aclaracións sobre os gastos que acumula o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) que teñen reparos da intervención e sobre os mecanismos que pensa tomar o Executivo local para evitalos e sobre as medidas concretas a respecto da seguridade para peóns e vehículos que a concellaría de Mobilidade pensa implementar nos tramos de competencia municipal da avenida da Vedra