O Consello Reitor do IMCE dá luz verde a un modificativo que si inclúe todas as facturas pendentes, como demandaba o BNG
O Consello Reitor do IMCE -cos votos a favor do Goberno Local e do BNG e o voto en contra do PP- aprobou o recoñecemento extraxudicial de créditos que permitirá o pagamento das facturas pendentes de 2023, por un importe de 4,1 millóns de euros.
Isto xustamente era o que viña demandando o BNG durante estes días, que o IMCE pagase a todas as persoas e entidades acredoras e que non fixese distingos entre elas como inicialmente pretendía o Goberno Local.
O expediente foi ditaminado este luns pola Comisión de Economía e Facenda, paso previo para o seu debate e votación definitiva no Pleno do xoves 6X.