PREGUNTAS ORAIS

O Salvamento nas praias, o IMCE e a seguridade en Alfonso Molina as nosas preguntas orais de xuño

Foto dun socorrista na praia do Orzán
Foto dun socorrista na praia do Orzán

Estas son as nosas preguntas para a súa resposta oral que facemos para o Pleno ordinario de xuño: o servizo de Salvamento e Socorrismo en praias, os gastos con reparo de intervención do IMCE e a seguridade viaria  no tramo de competencia municipal de Alfonso Molina

Xa que logo, pasados dous meses desde que puxemos en coñecemento ao Goberno municipal os incumprimentos que detectamos no servizo de Salvamento de Socorrismo nos areais da nosa cidade, e sen contestación algunha nin actuacións por parte do Executivo, levamos a Pleno a nosa denuncia para que se dea cumprida resposta e se aclare se a empresa concesionaria seguirá realizando o servizo

Tamén queremos aclaracións sobre os gastos que acumula o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) que teñen reparos da intervención e sobre os mecanismos que pensa tomar o Executivo local para evitalos e sobre as medidas concretas a respecto da seguridade para peóns e vehículos que a concellaría de Mobilidade pensa implementar nos tramos de competencia municipal da avenida da Vedra

O Salvamento nas praias, o IMCE e a seguridade en Alfonso Molina as nosas preguntas orais de xuño

Presentamos esta mañá as que serán as nosas preguntas para a súa resposta oral no vindeiro Pleno ordinario de xuño, centrándonos no servizo de Salvamento e Socorrismo en praias, os gastos con reparo de intervención do IMCE e a seguridade viaria  no tramo de competencia municipal en Alfonso Molina.

Deste xeito, e a respecto do Servizo Municipal de Salvamento, Socorrismo, Vixilancia e Primeiros Auxilios nas Praias da Coruña lembramos que con data de 31 de marzo presentamos un escrito á Alcaldía no que detallabamos unha serie de incumprimentos graves da empresa concesionaria deste servizo e dos que tivemos coñecemento a través de denuncias das propias traballadoras e traballadores.

Entre outros, destacábanse incumprimentos contrastados en materia de xornada laboral xa que logo a Inspección de Traballo iniciara actuacións inspectoras en setembro do ano pasado e polos que esta procedeu regulamentariamente, ou mesmo tamén incumprimentos a respecto do número concreto de persoas nas praias prestando o servizo xa que logo a empresa tiña traballando nos areais só ao persoal mínimo que recollen os pregos, constatándose isto a través do cuadrante de persoal que a propia empresa elaborara.

Xa que logo, pasados dous meses desde que puxemos en coñecemento ao Goberno municipal os incumprimentos que detectamos no servizo de Salvamento de Socorrismo nos areais da nosa cidade, e sen contestación algunha nin actuacións por parte do Executivo, levamos a Pleno a nosa denuncia para que se dea cumprida resposta e se aclare se a empresa concesionaria seguirá realizando o servizo.

Outra das preguntas que trasladaremos na sesión do 5 de xuño está relacionada cos gastos que está acumulando os Instituto Municipal Coruña Espectáculos que están tendo reparos de intervención.

Accedemos ao desagregado de gastos do IMCE que tiveron reparo de legalidade desde o comezo de mandato, polo que solicitamos do Goberno da Marea que aclare cales van ser os mecanismos que pensa tomar o Executivo local para evitalos de aquí ao final do mandato.

Vista de Alfonso Molina

Por último, á terceira pregunta que formularemos neste Pleno centrarase na seguridade viaria e está dirixida á concellaría de Mobilidade.

Así, queremos que se dean explicacións sobre as medidas concretas a respecto da seguridade para peóns e vehículos que o Executivo local pensa implementar nos tramos de competencia municipal da avenida da Vedra.

Xa denunciamos en máis dunha ocasión que no que vai de mandato non se ten realizado nin unha soa actuación na área de Mobilidade. E moito nos tememos que esta situación se prolongue no tempo. Mais dada a situación que se está a producir na zona de competencia municipal da avenida da Vedra entendemos que se deben explicar de xeito concreto e moi específico as actuacións que se teñen pensado realizar. E se non se ofrecen estas explicacións, estariamos ante unha nova improvisación desta área.

A Coruña, 26 de maio de 2017.

O Salvamento nas praias, o IMCE e a seguridade en Alfonso Molina as nosas preguntas orais de xuño