CONFERENCIA DE PRENSA DE AVIA VEIRA E MERCEDES QUEIXAS

Non imos avalar a xestión irregular do IMCE: cómpre un modificativo con todas as facturas pendentes e recursos suficientes para 2024

Queixas e Veira sobre o IMCE. Conferencia de prensa 30 de abril de 2024.
Un momento da conferencia de prensa
O BNG non vai avalar as prácticas irregulares do IMCE e pídelle ao Goberno Local que elabore canto antes un expediente modificativo que contemple todas as facturas sen pagar e garanta recursos suficientes para atender os compromisos de gasto de 2024.
Non imos avalar a xestión irregular do IMCE: cómpre un modificativo con todas as facturas pendentes e recursos suficientes para 2024

“Queremos por riba de todo que as e os profesionais da cultura cobren, pero que o fagan todas e todos, que non haxa discriminacións e por iso o que lle transmitimos ao Goberno Local é que traia ao Pleno, o antes posíbel, unha modificación dos orzamentos que inclúan os 3,6 millóns de euros en facturas sen pagar”, afirmou esta mañá a concelleira do BNG Avia Veira en conferencia de prensa que ofreceu conxuntamente coa súa compañeira de grupo municipal, Mercedes Queixas.

O IMCE debe facturas por valor de 3,6 millóns de euros como mínimo. “Nin sequera sabemos se hai máis facturas que esas”, dixeron Veira e Queixas. “O que si sabemos é que o Goberno Local gasta por enriba do que hai orzado, até o punto de que descoñecemos as facturas que fican por pagar. E de feito solicitámolas por escrito o 21 de marzo e ímolas poder ver o 16 de maio”, remarca Queixas.

As prácticas irregulares -recoñecidas na memoria do IMCE polo propio concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro- non van contar co aval do BNG. Prácticas como os retrasos no pagamento de facturas, que o IMCE gaste o dobre do que se orza ou o recurso sistemático a recoñecementos extraxudiciais.

O IMCE debe facturas por valor de 3,6 millóns de euros como mínimo. “Nin sequera sabemos se hai máis facturas que esas”, dixeron Veira e Queixas.

O Goberno Local non pode finxir sorpresa ante as críticas do BNG. Así, Veira lembrou que no pleno de setembro de 2023, en que se aprobou un modificativo de crédito do IMCE, “a compañeira Mercedes Queixas” avanzou que “non imos tolerar que os gastos das festas de María Pita deste mes de agosto” os vaian a cobrar as e os creadores, as e os provedores, “dentro dun ano”. Que foi o que efectivamente vai acabar acontecendo.

Queixas e Veira sobre o IMCE. Conferencia de prensa 30 de abril de 2024.
"A alcaldesa non pode permitir o descontrol do IMCE", enfatizou Veira

E o asunto é que, un ano despois, nin sequera o crédito extraordinario que o Goberno Local levou ao Consello Reitor do IMCE incluía o pagamento de todas as facturas. Só se contemplaba a liquidación de débedas por importe de 2,5 millóns de euros. Ficarían pendentes de pagamento 1 millón de euros. “Cantos centos de facturas máis quedan sen cobrar?”, preguntouse Mercedes Queixas.

É imposíbel apoiar que, após un ano de espera, uns provedores cobren e outros non. “Por que uns si, e outros, non? Levamos agardando desde 21 de marzo para ver a relación completa de impagos”!, engadiu.

A mala xestión do IMCE fai que o diñeiro para pagar as facturas correspondentes a 2023 se imputen ao orzamento de 2024, co cal fican comprometidas “a programación cultural e as festas deste ano”. “Sirva como exemplo que a partida de festas, inicialmente orzada en 2,8 millóns de euros, tería 928 mil se se aprobar a proposta de crédito que levou o Goberno Local ao Consello Reitor do IMCE”, argumentou Queixas.

A proposta finalmente non foi levada ao Pleno polo Goberno Local ao constatar este que non contaba co apoio do BNG. “A alcaldesa ten que tomar nota. Non pode seguir actuando como se tivese maioría absoluta. A alcaldesa non pode permitir o descontrol en que se atopa o IMCE”, subliñou Veira.alcaldesanon pode seguir actuando como se tivese maioría absoluta”.

A proposta de crédito extraordinario non foi levada finalmente ao Pleno polo Goberno Local ao constatar que non contaba co apoio do BNG. “A alcaldesa non pode seguir actuando como se tivese maioría absoluta”

A forma irregular e irresponsábel coa que se está a xestionar o diñeiro público do IMCE leva a Queixas a se facer dúas preguntas: “Se o Goberno Local coñecía esta débeda por que a ocultaron na negociación dos orzamentos de 2024? E se o Goberno coñece esta débeda, por que está anunciando concertos de alto custo para o verán? Con que reserva de crédito?·”.

Que o Goberno Local ocultase as débedas do IMCE na negociación dos orzamentos do Concello para 2024 sostida co BNG representa “unha falta de respecto” á formación nacionalista, criticou Veira.

En definitiva, o BNG demanda un modificativo de crédito a xeito, isto é, que contemple o pagamento de todas as facturas pendentes e que “complete as partidas para a actividade cultural e festiva de 2024, de modo a que A Coruña poda ter unhas boas festas e unha boa programación cultural”,  conclúe.

Que o Goberno Local ocultase as débedas do IMCE na negociación dos orzamentos do Concello para 2024 sostida co BNG representa “unha falta de respecto” á formación nacionalista, criticou Veira.

Aínda que o Goberno Local retirou o crédito extraordinario do Pleno, a iniciativa do BNG si vai permitir que o asunto se aborde durante a sesión plenaria deste vindeiro xoves, por medio da pregunta oral que Mercedes Queixas lle vai dirixir ao Executivo coruñés co seguinte enunciado: “Que está a facer o Goberno Local para xestionar responsabelmente o IMCE?”.

 

 

 

Non imos avalar a xestión irregular do IMCE: cómpre un modificativo con todas as facturas pendentes e recursos suficientes para 2024