O BNG exixe o estabelecemento da factura electrónica no IMCE

O BNG exixe o estabelecemento da factura electrónica no IMCE

A Coruña, 22 de marzo de 2015- O Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que estabeleza, de inmediato, a factura electrónica para o pagamento a provedores no IMCE, factura obrigatoria desde 15 de xaneiro de 2015 para o pago ás empresas que lle prestan servizos ao Concello.Esta obrigatoriedade, que ten como obxectivo reducir a morosidade das Administracións Públicas, vén dada pola Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contábel de facturas no Sector Público.

Segundo puido saber o Bloque, o IMCE carece de acceso ao programa do Ministerio de Facenda e non pode tramitar o pagamento vía electrónica. Isto implica que os provedores teñen que volver presentar as facturas polas canles convencionais. Neste contexto, o BNG anuncia a presentación dunha pregunta escrita para saber “que, por que­­­­­­ e a quen se lle esqueceu facer para que dous meses despois de poñer en marcha o Concello a factura electrónica o IMCE non poida cumprir coas súas obrigas.

 

 

O BNG exixe o estabelecemento da factura electrónica no IMCE