Jorquera interésase polo desenvolvemento das clases de reforzo escolar nos centros cívicos
De acordo coa información que manexa o BNG, no Centro Cívico de Monelos funciona un destes grupos de reforzo escolar (en concreto dirixido a alumnado de 1º e 2º da ESO). Unha unidade que se reúne dúas veces á semana, hora e media cada día.
Este grupo está composto por 10 nenas e nenos e hai listaxe de agarda por se houber algunha vacante.
O que quere saber Jorquera é se esta é a situación xeral de todos os centros cívicos e, por tanto, que número de grupos están a funcionar nas distintas instalacións municipais, se todos eles están compostos por 10 alumnas e alumnos e se en todos eles hai listaxe de agarda. Con canta periodicidade se imparten as aulas e con que criterios foi fixada esta son outras das preguntas que formula o voceiro nacionalista.
Jorquera quere saber en cantas instalacións municipais se imparten estas aulas e se, tal e como acontece no Centro Cívico de Monelos, hai nelas listaxes de agarda por insuficiencia de prazas
“Considera o Goberno Local suficiente o número de prazas ofertadas. Caso contrario, en previsto aumentalas no futuro? En que prazo?”, inquire o portavoz do BNG.