Reclamamos a xestión pública do servizo de transporte urbano
Criticamos que o Goberno local só contemple a posibilidade de que, a dous anos, a xestión do servizo de transporte urbano sexa adxudicada de novo a unha empresa privada desbotando de vez a súa xestión pública
Preguntámonos a que vén que o propio Goberno, toda vez que decide aplicar o Regulamento (CE) 1370/2007 e que conclúe que a extinción da concesión a data de 1 de decembro de 2016 non tería consecuencias xurídicas nin económicas para o Concello, atenda a petición da Compañía de Tranvías e consulte á Comisión Europea sobre a posibilidade de estender a duración do contrato até decembro do 2024 (data na que inicialmente remataría a concesión)
Queremos salientar que o Goberno municipal, nin coa extinción da concesión a data de 1 de decembro de 2016, prorrogada até 2018, nin en caso de entender a Comisión Europea que a duración do contrato deba estenderse até 2024, non está a garantir melloras cualitativas no servizo, horarios, frecuencias, prezos, liñas etc, que hoxe en día se lle ofrece á cidadanía, ou a mudanza das condicións leoninas da concesión, cuestión que en numerosas ocasións ten denunciado o BNG