O BNG pregunta pola cancelación do servizo de bus ao CEIP Anxo da Garda á visita a Santo Antón
A Coruña, 16 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do BNG presentou esta mañá unha bartería de preguntas a respecto da cancelación da visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón prevista para o pasado 3 de marzo polo alumnado de 2º de primaria do CEIP Anxo da Garda.
O BNG pregunta ao concello pola cancelación do servizo de bus de balde ao CEIP Anxo da Garda para unha visita ao Museo Arqueolóxico de Santo Antón
As nacionalistas denuncian que nesa data nenas e nenos de segundo de primaria do CEIP Plurilingüe Anxo da Garda tiñan prevista unha saída programada ao museo, porén, esta visita non se puido realizar porque o autobús que xestionaba o Concello que debía trasladalos non apareceu no lugar acordado.
Deste xeito, o Bloque sinala que a recollida do alumnado estaba prevista para as 11.00 h mais despois de agardar 45 minutos pola súa chegada, o profesorado responsábel do alumnado decidiu regresar ao Centro despois de tentar poñerse en comunicación co Concello para saber as causas polas cales o servizo de transporte non aparecera, non chegando a contactar con ninguén que lles puidera aclarar as circunstancias desta incomparecencia.
As nacionalistas denuncian que por un erro do Concello o estudantado de 2º de primaria do CEIP Anxo da Garda non puido visitar o Museo de Santo Antón e anulou o servizo para outra data
Sobre as 11.50 h, desde dependencias municipais, póñense en contacto telefonicamente co Centro, indicando que houbo un erro na comunicación para a recollida do alumnado e solicitando unha nova hora para ese mesma mañá, xa mediodía, para proceder a enviar un autobús e realizar o servizo. Sen embargo dada a hora, e tendo en conta que o alumnado tiña que estar de volta para as 14.00 h nas instalación do colexio e non existía tempo suficiente para realizar a visita ao museo, o profesorado tomou a decisión de realizar a visita noutra data, comunicándoo así, nesa conversa telefónica. É nese momento cando se lle traslada á dirección do Centro por parte do Concello que se se quere realizar a visita ao museo noutra data o desprazamento deberá correr a cargo do CEIP. , sinalan as nacionalistas.
Desde o BNG parece canto menos sorprendente esta resposta, tendo en conta que esta visita é a única visita de balde que ofertou o concello ao Centro en todo o curso escolar, e que o erro que provocou a non recollida do alumnado non foi debida a causas xeradas polo Centro, senón polo propio Concello, recoñecido pola persoa que se puxeron en contacto coa Dirección do CEIP.
É por todo isto que o Grupo Municipal resistrou a betería de preguntas, enas que lle pregunta o Goberno municipal se ten coñecemento da situación xerada o 3 de marzo e cal foi o erro polo cal o servizo de autobús que debía trasladar ao alumnado non compareceu.
Entre as preguntas que rexistrou o BNG quere saber se vai garantir noutra data o servizo de autobús para realizar a visita
Asemade, tamén inquírelle se tendo en conta que o erro de non recoller ao alumnado non foi do Centro, está de acordo coa decisión de non dar o servizo de recollida do alumnado de balde para realizar a visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón noutra data, e se non está de acordo, para cando vai a programar a visita e para cando vai a proceder a llo comunicar ao Centro.