Novas
O BNG pregúntalle ao Goberno Local cando vai enviar ao Pleno a Ordenanza do Galego
02/mar./2020
A concelleira do BNG Avia Veira vai dirixir unha pregunta oral ao Executivo coruñés sobre os prazos que manexa para elaborar unha proposta de ordenanza destinada a impulsar o uso do galego no Concello. A cuestión ao Goberno Local vaina formular a concelleira nacionalista no pleno ordinario que se vai realizar este xoves no Palacio de María Pita a partir das 10 horas.