DENTRO DAS FESTAS DE MARÍA PITA
A Orquestra de Cámara Galega ten de estar na Semana de Música Clásica 2020
A Orquestra de Cámara Galega, fundada en 1995 na cidade da Coruña e que por tanto celebra este 2020 o seu 25 aniversario, desenvolve un "importantísimo labor" na difusión e proxección internacional de autores galegos de música culta, a comezar polo mestre Rogelio Groba, de cuxa obra e legado se ocupa moi especialmente.
É por iso que a concelleira do BNG, Avia Veira, dirixiu un rogo, no pleno deste xoves 6F, ao Goberno Local para que a Concellaría de Cultura e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) inclúa a OCG na programación da Semana da Música Clásica, no cadro das Festas de María Pita 2020.