VAISE CRIAR UNHA MESA DE TRABALLO CO COLECTIVO VECIÑAL E OS GRUPOS MUNICIPAIS

Levamos as demandas da veciñanza de Elviña afectada polo Ofimático á Comisión de Seguimento do acordo co PSOE

Comisom
Un momento da Comisión de Seguimento

O grupo municipal do BNG levou as demandas do colectivo veciñal de Elviña afectado polo Parque Ofimático á Comisión de Seguimento do seu acordo de investidura co PSOE.

Levamos as demandas da veciñanza de Elviña afectada polo Ofimático á Comisión de Seguimento do acordo co PSOE

A reunión da Comisión de Seguimento realizouse esta mañá no Palacio de María Pita. Foi o BNG quen, despois dun encontro con veciñas e veciños de Elviña, solicitou a convocatoria deste órgano. No transcurso da xuntanza, Francisco Jorquera e Avia Veira demandaron ao grupo que dá sustento ao Goberno Local o cumprimento estrito do acordo de investidura no que ten a ver co impacto do Parque Ofimático sobre o colectivo veciñal: isto é, que o Concello debía ir a unha desafectación ou, no seu defecto, a unha solución urbanística consensuada coa veciñanza.

Durante a reunión co grupo municipal socialista, o BNG puxo sobre a mesa a necesidade de abordar de forma urxente a cuestión das cotas de urbanización ás que se teñen que enfrontar as veciñas e os veciños de Elviña afectados polo Parque Ofimático.

Como conclusión desta Comisión de Seguimento, vaise criar unha Mesa de Traballo co obxectivo de materializar o Acordo de Investidura BNG-PSOE en relación a este asunto.

Na Mesa de Traballo terán presenza representantes da veciñanza e os grupos municipais que nela se queiran integrar. O BNG, desde logo, si vai estar presente..

Na reunión da Comisión de Seguimento participaron, por parte do BNG, Francisco Jorquera e Avia Veira; por parte do PSOE, o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, e o xefe do gabinete da alcaldesa, Gonzalo Castro.

Levamos as demandas da veciñanza de Elviña afectada polo Ofimático á Comisión de Seguimento do acordo co PSOE