AVIA VEIRA INSTA O EXECUTIVO CORUÑÉS A QUE CUMPRA O ACORDADO CO BNG
O Goberno Local aínda non convocou a Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña afectada polo Ofimático
Pois ben, a día de hoxe, e segundo puido saber o BNG, a veciñanza de Elviña non foi aínda convocada a ningunha reunión por parte do Goberno Local. "Pasaron xa dous meses da reunión da Comisión de Seguimento. Tempo máis que de abondo para se constituír a Mesa de Traballo", denuncia a concelleira nacionalista Avia Veira. Nese foro BNG e PSdeG, en congruencia co seu Acordo de Investidura, conviñeron en que a solución que se dese ás veciñas e veciños afectados polo Ofimático sería ou ben a desafectación ou unha solución urbanística semellante, en todo caso sempre consensuada con eles.
"O Goberno Local si foi quen de constituír unha mesa co tecido empresarial da construción para impulsar a posta en marcha dos polígonos contemplados no PXOM, mais non atopou un momento para se reunir coa veciñanza de Elviña", censura Avia Veira. "Queremos a desafectación ou unha solución urbanística valente e consensuada coa veciñanza. Exisimos, pois, que o Goberno Local cumpra coa palabra dada", conclúe.