UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIAR
Preguntamos pola colaboración que se vai prestar desde o Concello a Acampa 2020
A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local en relación á colaboración que se pensa prestar desde o Concello á rede Acampa, unha iniciativa cidadá constituída en 2017 e que desde entón vén organizando Encontros Cidadáns sobre a situación das persoas refuxiadas e o respecto aos Dereitos Humanos.
11 feb. 2020 - 15:48
Quere saber a concelleira nacionalista se o Goberno Local ve nestes encontros unha iniciativa necesaria "para concienciar a sociedade dun problema a nivel internacional como é o das persoas refuxiadas".
"Non cre o Goberno Municipal que fronte aos discursos de odio e xenófobos que están a rexurdir en Europa e no Estado español, e que están a prender en moita xente especialmente en situacións precarias e na mocidade, é fundamental a información e sensibilización?", pregunta Veira.