Avia Veira
Novas
tranvía

Que vai facer o Concello cos coches tranvía? E coas cocheiras?

O 14 de decembro de 2020, o Goberno Local tomou a decisión de liquidar o servizo de transporte por rodadura fixa mediante tranvías. Quince meses despois, continúa pendente a entrega ao Concello por parte do titular da concesión, a Compañía de Tranvías, das cocheiras e o dos coches tranvía, de titularidade municipal de acordo co contrato subscrito.
Ler novas
Novas
Avia 3

O Pleno de marzo aproba as tres mocións do BNG, dúas delas por unanimidade

O Pleno de Marzo deu luz verde ás tres mocións defendidas polo grupo municipal do BNG: as que perseguían o apoio aos sectores culturais da cidade e a rehabilitación da chamada Bágoa de San Pedro obtiveron o apoio unánime, en tanto que a referida a medidas para garantir os dereitos das mulleres, arredor do #8M, foi votada afirmativamente polo PSOE e a Marea Atlántica mentres que o PP optou pola abstención.
Ler novas
Novas
Unímonos

Unha moción en apoio aos sectores culturais da cidade

A concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do vindeiro xoves unha moción en apoio aos sectores culturais da cidade. A iniciativa contén distintas propostas que lle foron achegadas ao grupo municipal nacionalista polo colectivo Unímonos ou Afundímonos.
Ler novas
Novas
Senior person thanking the nurse for her help during a meeting in a nursing home

A que agarda o Goberno Local para licitar o contrato do Servizo de Axuda a Domicilio?

Hai practicamente un ano que caducou o contrato do Servizo de Axuda ao Domicilio (SAD II) formalizado en abril de 2017 e que desde aquela altura xa foi prorrogado. Pois ben, nestes momentos non temos ningunha información sobre cando o Goberno Local pensa licitar o novo contrato, de aí que a nosa concelleira Avia Veira acaba de rexistrar unha pregunta por escrito ao Executivo coruñés a este respecto.

Ler novas
Novas
Praza do Comercio

Unha iniciativa sobre demandas da veciñanza da Praza do Comercio non atendidas polo Goberno Local

A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou unha pregunta por escrito ao Goberno Local en que formula múltiples cuestións sobre demandas da veciñanza da contorna da Praza do Comercio non atendidas até o de agora polo executivo coruñés.  "A contorna da praza do Comercio atópase nun estado de abandono que require da actuación urxente por parte do Concello", afirma a edil nacionalista.
Ler novas