AVALIACIÓN DE URXENCIA DUN ACORDO QUE EXCLUÍU OS RESTANTES GRUPOS MUNICIPAIS

A falta de dilixencia e transparencia de PSOE e Marea fan que a cidade non vaia ter orzamentos até abril

Jorquera e Avia Pleno 10 de setembro de 2020
O grupo municipal do BNG lamenta que a decisión do PSOE e a Marea Atlántica de negociar os orzamentos con absoluta falta de transparencia e de dilixencia, e excluíndo os restantes grupos municipais, teña sumido o Concello nunha situación de parálise da que os principais prexudicadas son as coruñesas e coruñeses.
A falta de dilixencia e transparencia de PSOE e Marea fan que a cidade non vaia ter orzamentos até abril

Aínda que hoxe o PSOE e a Marea Atlántica anuncien un acordo orzamentario, o proxecto de orzamentos aínda ten que someterse á aprobación inicial do Pleno e tras este trámite os orzamentos teñen que publicarse, abríndose un prazo de 15 días para presentar alegacións.  De producírense alegacións, o Concello disporá dun mes de prazo para as resolver e, dese xeito, aprobar definitivamente os orzamentos. Por estas razóns é probábel que os orzamentos non se aproben até o mes de abril, é dicir dous anos e dous meses despois da aprobación dos anteriores orzamentos.

Cómpre lembrar que, mentres tanto, o Concello da Coruña continúa a funcionar con orzamentos prorrogados de 2020 (anteriores á pandemia), situación que mingua a capacidade de investimento do Concello, compromete proxectos fundamentais para a cidade e dificulta o extraordinario labor social que fai o tecido asociativo, ao careceren as entidades de convenios.

O BNG critica, por estas razóns, este xeito de proceder e lembra que xa no pasado mes de outubro remitiu as súas propostas para os orzamentos de 2022 ao Goberno local e ao conxunto dos grupos municipais. 

Nesas propostas o BNG avogaba por desenvolver un ambicioso plan de rexeneración e revitalización dos barrios e incluíanse numerosas propostas para garantir uns orzamentos marcadamente sociais, comprometidos co dereito á vivenda e favorecedores da reactivación económica e da xeración de emprego.

A posición de voto do BNG dependerá, unha vez estudado o proxecto, da atención aos criterios e prioridades contidos naquelas propostas.

 

 

 

 

 

 

A falta de dilixencia e transparencia de PSOE e Marea fan que a cidade non vaia ter orzamentos até abril