PREGUNTA POR ESCRITO DE AVIA VEIRA
De verdade o da Pasaxe é o único asentamento precario da cidade?
Máis en concreto, Veira interésase por saber “que solución lle deu o Goberno Local ás persoas que se viñan dedicando á chatarra”. “Coñece o Executivo Municipal onde están a traballar con este material? Ten presente o Goberno Local as consecuencias medio-ambientais do mal tratamento e almacenamento da chatarra?”, inquire a edil nacionalista.
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, declarou que unha vez que deixe de vivir no asentamento da Pasaxe o seu último habitante xa tería desaparecido o fenómeno do chabolismo na nosa cidade.
Veira pregúntalle ao Goberno Local se realmente acredita “en que xa se rematou co chabolismo na Coruña” e que plans ten “para os outros asentamentos precarios da cidade”, que si existen, contra o dito pola concelleira de Benestar Social.