Novas
O BNG non vai votar a favor de ningún traslado de edificabilidade das Percebeiras ás Roseiras
22/xuño/2026
Ao pé dun soar de titularidade municipal, xusto no miradoiro dos Rosais, a portavoz do BNG no Concello e candidata nacionalista á Alcaldía, Avia Veira, convocou os medios para lle mandar unha mensaxe clara á veciñanza do barrio: “O BNG non vai votar a favor de ningún traslado de edificabilidade das Percebeiras ás Roseiras" [en concreto, a soares de propiedade municipal]