Novas
Manifestación A Coruña Non Se Vende. 31 de maio de 2021.

#ACoruñaNonSeVende, un clamor imposíbel de desouvir

Foron por volta de 3.500 persoas as que este domingo, protagonizaron unha manifestación masiva polas rúas da cidade, máis multitudinaria se cabe se temos en conta que aínda continuamos en pandemia. Foi un clamor imposíbel de desouvir, un berro colectivo en defensa do porto da Coruña, que é tanto como dicir en defensa do corazón da cidade. Estivo Ana Pontón -acompañada polo noso portavoz no Congreso, Néstor Rego- e non estivo, en rechamante contraste, Inés Rey. "Non podemos conformarnos cunha moratoria da débeda. A cidadanía quere a condonación", díxolle aos medios Francisco Jorquera. "Por que a Valéncia si se lle perdoa a débeda e A Coruña, non?", perguntou a voceira nacional.
Ler novas
Andrea Ramos Queixas, Avia Veira, Nicolás Neira e Nacho Siota. Comparecencia ante os medios para anunciar iniciativa sobre espazos de estudo para a mocidade.

Impulsamos unha iniciativa para o Concello habilitar espazos de estudo para a mocidade

Estamos en pandemia e a capacidade de todos os locais, produto das distancias de seguranza, mingua co obxectivo de conter a expansión do virus. Unha das consecuencias é que cada vez hai menos espazos na cidade para as e os alumnos poderen estudar. “Este é un problema real que nos trasladan as e os mozos e desde o BNG imos impulsar unha iniciativa para o Concello habilitar novos espazos propios ou para, na eventualidade destes non seren suficientes, concertar con outras administracións a disponibilidade de locais de estudo”, avanzou este venres a concelleira do BNG Avia Veira.
Ler novas