O BNG une as súas voces ao clamor do Obelisco contra os crimes de Israel en Gaza
Un ateigadísimo Obelisco clamou este serán contra os ataques xenocidas de Israel ao pobo palestino en Gaza, un dos territorios ilegalmente ocupados polo Estado sionista.
Á concentración asistiron o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, a concelleira Avia Veira e a nosa deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas, ben como o noso responsábel local, David Soto.
"Non é unha guerra, é un masacre", "Os sionistas son os terroristas" ou "Galiza, Palestina, solidariedade!" foron algúns dos cánticos coreados pola numerosa concorrencia a esta concentración, con especial destaque para a colonia palestina que mora na nosa cidade.
Cumpre lembrar que o noso deputado no Congreso Néstor Rego xa presentou unha iniciativa no Congreso para o Goberno do Estado desenvolver cantas accións sexan precisas, desde as diplomáticas até sancións económicas, para forzar a Tel Aviv a cesar na súa campaña xenocida.