UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA A RECOLLER AS MÚLTIPLES PETICIÓNS DE PACIENTES TRATADAS POLO DOUTOR

O cirurxián Diego González Rivas merece sobradamente ser Fillo Predilecto da Coruña

DGR
A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral para a súa lectura no Pleno do vindeiro mes de xuño co propósito de que a alcaldesa inicie o procedemento que leve a que lle sexa outorgado o título de fillo predilecto da cidade ao doutor cirurxián Diego González Rivas.
O cirurxián Diego González Rivas merece sobradamente ser Fillo Predilecto da Coruña

A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un rogo oral para a súa lectura no Pleno do vindeiro mes de xuño co propósito de que a alcaldesa inicie o procedemento que leve a que lle sexa outorgado o título de fillo predilecto da cidade ao doutor cirurxán Diego González Rivas.

Esta proposta xa a fixo o grupo municipal do BNG na Comisión de Honras e Distincións de 27 de marzo de 2019. Nado na Coruña, Diego González Rivas é toda unha eminencia no campo médico, un profesional de prestixio internacional que leva o nome da cidade por todo o mundo, remarca Avia Veira no texto desta iniciativa.

A pesar de a proposta ser realizada polo BNG hai xa máis de dous anos, a alcaldesa non impulsou aínda o procedemento para lle outorgar a Diego Gonzále Rivasz ningunha das honras e distincións que recolle o Regulamento do Concello nesta materia. É por isto que Veira leva o asunto ao Pleno con petición expresa de a honra ser o título de fillo predilecto.

Os méritos de Diego González para recibir esta distinción son numerosísimos. Estamos a falar dun cirurxián pioneiro no mundo na realización de reseccións anatómicas uniportais por VATS (o primeiro caso en xuño de 2010), así como tamén na práctica de cirurxía pulmonar maior porto único en pacientes sen intubación con respiración espontánea (primeiro caso, en abril de 2014). O primeiro tamén en efectuar reseccións uniportais por medio dun brazo robótico articulado e con instrumental cirúrxico con control magnético, sen a necesidade de axudante (primeira intervención deste xénero en 2016).

Nado na Coruña, Diego González Rivas é toda unha eminencia no campo médico, un profesional de prestixio internacional que leva o nome da cidade por todo o mundo

Explica Veira que a súa “revolucionaria técnica UNIOPRTAL VATS permite operar dentro da cavidade torácica a través dunha incisión intercostal, en ocasións sen precisar nin intubación nin anestesia xeral”.

É o profesional que ten operado en máis cidades e hospitais do mundo na historia da cirurxía (máis de 124 países), ten sido nomeado para o premio Princesa de Asturias (2018) –galardón en que ficou como finalista- e obtivo durante cinco anos consecutivos (2014-2018) o premio Top Doctors. Na China foi o primeiro doutor estranxeiro en ser distinguido co Premio Nacional de Medicina (2019), na categoría de innovación e técnicas punteiras.

“Para A Coruña é un auténtico orgullo contar con este doutor como unha persoa non só nacida, senón tamén formada na cidade, e desde logo é máis que merecente do título de Fillo Predilecto”, remarca Veira.

Esta iniciativa rexístraa o BNG, mais, salienta a concelleira nacionalista, “vénnos solicitada por moitos e moitas das súas pacientes”. “Agardamos que o Goberno Local recolla o noso rogo e que o faga realidade”, conclúe Avia Veira.

 

 

O cirurxián Diego González Rivas merece sobradamente ser Fillo Predilecto da Coruña