Francisco Jorquera e Avia Veira únense á concentración contra a presenza do Rei na UDC
Centos de persoas secundaron a dupla convocatoria de Vía Galega e Galiza pola República e expresaron o seu rexeitamento á presenza no acto inaugural do curso universitario do xefe de Estado español, Felipe VI, por representar unha institución cuxos valores son radicalmente contrarios aos principios básicos da democracia, a comezar polo dereito a decidir das nacións.
"Galiza mañá/República será" e "Fóra, fóra, monarquía española" foron algúns dos cánticos máis coreados durante a concentración, unha mobilización en que, canda Jorquera e Veira, participaron tamén o responsábel de Organización do BNG, Bieito Lobeira, e o ex portavoz do Bloque no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez.