Antes de expropiar unha granxa, o concello debe estudar o rescate do aparcamento do Materno
Así o considera a concelleira do BNG Avia Veira, para quen “expropiar e facer un novo parking leva aparellado un custo económico para a facenda local. O lóxico é que, antes de o facer, o concello avalíe a hipótese de rescatar un aparcamento, o do Materno e o Oncolóxico, que foi feito con diñeiro público”.
“Non ten xeito que o día en que se realizan mobilizacións contra o cambio climático almorcemos co anuncio de que imos eliminar unha zona verde e produtiva da cidade para pór nela máis cemento e máis coches”, razoa a edil.
Veira demanda tamén que se mellore a conexión por bus cos hospitais coruñeses. “Precisan de máis conexións e de frecuencias que se axusten aos horarios laborais das traballadoras dos centros sanitarios”, alega.