Veira pregunta sobre a execución das axudas para rehabilitación
O propio Servizo Municipal de Vivenda e Rehabilitación suxire que “se adopte algunha medida para garantir a execución de todo o crédito que se destine a este tipo de axudas”. Así o recolle nunha pregunta por escrito ao Goberno local a concelleira do BNG Avia Veira. A edil nacionalista interésase por saber que pensa facer o executivo liderado por Inés Rey para lograr “a execución total da partida de subvencións para obras de rehabilitación”.
Ficou sen gastar, por tanto, por volta de medio millón de euros duns fondos que o BNG xulga como clave para a necesaria rexeneración urbana da caidade.
Na Memoria de Xestión de 2018, destaca Veira, apélase a un problema de xestión administrativa á hora de tramitar o crecente número de solicitudes das axudas, sendo que se exixe moita documentación relativa ás “persoas propietarias individuais” que aspiran a se tornaren beneficiarias deste programa do Concello.
No texto desta iniciativa, Avia Veira inquire ao goberno local se ten pensado “simplificar a documentación para a solicitude de axudas municipais de rehabilitación” e, ao tempo, demanda información sobre “que outras medidas” ten na cabeza o executivo coruñés “para o impulso de rehabilitación de inmóbeis”.