"Non é noticia que Francisco Vázquez comparta manifestación con multitude de cargos do PP"

Jorquera en María Pita
Jorquera
O portavoz do BNG no concello da Coruña, Francisco Jorquera, avaliou este luns a concentración “constitucionalista” realizada este domingo en María Pita.
"Non é noticia que Francisco Vázquez comparta manifestación con multitude de cargos do PP"

“A convocatoria foi un pinchazo. Si había moitos cargos do PP. E o que non é noticia é que canda eles estivese Francisco Vázquez [ex alcalde da cidade do PSOE]”, dixo Jorquera durante unha tertulia en Radio Intercoruña.

Jorquera aludiu tamén a presenza na concentración do presidente da Xunta: “Sorpréndeme, iso si, que teñamos un presidente da Xunta moi preocupado por Catalunya, pero absolutamente ausente ante os graves problemas que padece este país, desde o desmantelamento industrial até o vaciado demográfico”.

O portavoz nacionalista tampouco comparte “esa apelación que fan os convocantes ao constitucionalismo”. 
“Cando falan da Constitución española nada máis que poñen o acento na defensa dun modelo de Estado unitario e uniformista, mais hai outros aspectos da Carta Magna dos que pasan por completo”, dixo en alusión aos dereitos sociais e económicos.

"Non é noticia que Francisco Vázquez comparta manifestación con multitude de cargos do PP"