Novas
Depor Fuen

O CSD non actuou como mediador e tomou partido pola LFP

O Consello Superior de Deportes tomou partido pola Liga de Fútbol Profesional no canto de actuar como mediador entre as distintas partes en conflito e a súa actuación prexudica claramente os intereses do Deportivo, afirma Francisco Jorquera como primeira valoración do encontro habido esta tarde entre o CSD, a LFP e a Federación Española de Fútbol.

Ler novas
Vídeo
Jorquera pide máis presión política sobre Manila para o asasinato de Diego Bello non ficar impune

Jorquera pide máis presión política sobre Manila para o asasinato de Diego Bello non ficar impune

A Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas dálle a razón a familiares e amizades do cidadán coruñés Diego Bello ao concluír, após realizar unha investigación independente, que a súa morte foi unha "execución extraxudicial", isto é, un asasinato. É por iso que Francisco Jorquera pide que se intensifiquen as presións políticas sobre Manila visando conseguir
Ler novas
Diego Bello

Que accións vai emprender o Goberno Local ante o informe de Filipinas que certifica o asasinato de Diego Bello?

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou unha pregunta por escrito ao Goberno Local a medio da cal interpela o executivo coruñés sobre que accións vai emprender á vista do informe emitido pola Comisión de Dereitos Humanos en relación ao asasinato de Diego Bello.
Ler novas
Diego Bello

Dereitos Humanos de Filipinas ve no asasinato de Diego Bello unha execución extraxudicial e o BNG pide máis presión sobre Manila

A Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas cuestiona a versión oficial sobre o asasinato do cidadán coruñés Diego Bello e conclúe que a súa morte, ocorrida o pasado 7 de xaneiro, podería considerarse como “unha execución extraxudicial” perpetrada por un operativo da policía filipina. Así aparece nun informe desta comisión, un órgano creado ao amparo da Constitución do país asiático. Vistas as conclusións deste traballo, o BNG vai rexistrar iniciativas no Concello e no Congreso para que se intensifiquen as presións políticas do Estado español sobre Manila visando que se faga xustiza e se xulgue os asasinos de Bello.
Ler novas