Demandamos do Goberno Local xestións para impedir o peche do centro de día da Cruz Vermella

Cruz Vermella na Coruña
2
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para que este se dirixa á Cruz Vermella visando que esta ONG reconsidere o peche do seu centro de día na Coruña.
Demandamos do Goberno Local xestións para impedir o peche do centro de día da Cruz Vermella

Actualmente, o centro de día atende por volta de 23 persoas usuarias e nel traballan un terapeuta ocupacional, 4 auxiliares, unha psicóloga e unha condutora, alén do reforzo que este cadro de persoal recibe por parte de voluntarias.

O peche do centro coruñés insírese no fechamento de todas as instalacións deste tipo xestionadas pola Cruz Vermella na Galiza, programado para o mes de setembro.

A ONG xustifica este desmantelamento de servizos co argumento do impacto da pandemia –o aumento das ratios persoas coidadadoras/usuarias tornaría inviábel o mantemento dos centros- mais sorprende, estima Jorquera, que se tomase esa decisión sen ningún tipo de diálogo nin coas familias afectadas nin coas administracións públicas.

A este último respecto, remarca Jorquera que a Cruz Vermella é perceptora de subvencións quer por parte da Xunta quer por parte do Concello, o que loxicamente debería ter as súas contrapartidas por parte da ONG. “No marco das medidas de reforzo das políticas sociais para facer fronte ás consecuencias da COVID-19, o Concello da Coruña decidiu incrementar en 100.000 euros a dotación á Cruz Vermella para reforzar o programa de acompañamento a maiores”, subliña o portavoz nacionalista.

Remarca Jorquera que a Cruz Vermella é perceptora de subvencións quer por parte da Xunta quer por parte do Concello, o que loxicamente debería ter as súas contrapartidas por parte da ONG

Se se consumar o peche, alerta Jorquera, “acentuaríase o déficit de prazas existentes nos centros de día na Coruña”, do que é directo responsábel o Goberno galego pola súa “inacción neste eido”, de aí que sexa aínda máis perentorio que o Concello faga todas as xestións que estean ao seu alcance para que a Cruz Vermella reconsidere a súa decisión.

Se se consumar o peche, alerta Jorquera, “acentuaríase o déficit de prazas existentes nos centros de día na Coruña”, do que é directo responsábel o Goberno galego pola súa “inacción neste eido”

Alén do máis, suxire Jorquera que entre as xestións figuren conversas coa Xunta para que interveña no asunto, dadas as súas compentencias en materia de política social e así, nese mesmo sentido, o voceiro do BNG pregúntalle ao Goberno Local se vai demandar do Executivo galego “un compromiso real para incrementar a oferta de prazas públicas en centros de día na nosa cidade”.

 

Demandamos do Goberno Local xestións para impedir o peche do centro de día da Cruz Vermella