NON HABERÁ CONEXIÓN CO REINO UNIDO ATÉ O PRÓXIMO ANO
Jorquera acusa Vueling de romper o convenio co Concello ao suprimir os voos a Londres
“Poñemos en dúbida o argumento da caída da demanda que aduce Vueling, tendo en conta que esta conexión é moi importante para o tecido empresarial da cidade e da comarca (Heathrow é un grande hub para as conexións intercontinentais) e tamén é utilizada pola colonia coruñesa e galega que mora no Reino Unido, as súas familias e amizades. A supresión desta conexión contrasta co feito de que, mesmo nas actuais condicións da pandemia, se manteñen as frecuencias semanais con outros destinos, reaparece o de Valéncia e increméntase nunha frecuencia a conexión con Palma de Mallorca”, indica Jorquera, para quen é “evidente” que “se causa un prexuízo ás persoas que contrataron viaxes para o último cuadrimestre do ano”.
“A exclusión da conexión con Heathrow en boa parte baleira de contido o convenio con Vueling ao estarmos a falar dunha das liñas que con razón o Concello considera indispensábeis”, conclúe Jorquera, quen demanda do Goberno Local a adopción de “medidas inmediatas” para que a compañía aérea se ateña ao acordado e manteña a conexión con Londres.