Reunión co presidente da entidade que agrupa os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro
O noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera, mantivo esta mañá un encontro con José Antonio Vázquez Freire, presidente de CEGASAL, entidade que agrupa os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro.
26 ago. 2020 - 15:18
O tema do encontro: a reserva de carga de traballo nas contratacións públicas para os centros especiais de emprego de iniciativa social. Fomentar o acceso a empregos de calidade de persoas con discapacidade ou en exclusión social é o propósito de CEGASAL, obxectivo que desde logo o grupo municipal do BNG partilla.
Jorquera comprometeuse co presidente desta entidade a presentar unha iniciativa no Concello en relación con este asunto.