Por unha rúa que leve o nome do gaiteiro Pepe Temprano
15/ago./2020
Músico de grande alento, quer como compositor quer como intérprete, Pepe Temprano foi unha referencia inescusábel da música popular galega na nosa cidade ao longo de practicamente as últimas seis décadas. Deixounos tristemente o pasado 25 de xullo, aos 80 anos de idade. O seu legado é inconmensurábel, tanto como enorme foi o seu activismo a prol da dignificación do noso folclore e da nosa cultura tradicional.