MOCIÓN QUE SERÁ DEFENDIDA POR JORQUERA NO PLENO DO 1-O
Levamos a Pleno propostas para axudar o sector da hostalaría, un dos máis castigados pola pandemia
A situación é especialmente grave, explica Jorquera na exposición de motivos desta iniciativa, naqueles establecementos que se dedican ao ocio nocturno, de forma singular os cafés bares especiais (os pubs) e as salas de concertos.
Lembra Jorquera que desde o 1 de xuño os pubs teñen a súa actividade suspendida, con excepción feita das súas terrazas, por teren a consideración de establecementos de ocio nocturno.
“Dáse, porén, o paradoxo de que en condicións normais a licenza destes establecementos os habilita para estaren abertos a partir das 10 h. O sentido común parece ditar que non ten lóxica impedir a súa apertura entre as 10h e a hora límite de peche de todos os establecementos, sempre que se cumpran estritamente as limitacións de capacidade e as medidas sanitarias e de seguranza establecidas para o conxunto de locais”, considera.
O que propón o BNG é que, a condición por suposto de que se apliquen estritamente os protocolos de seguridade fronte á pandemia, os locais de ocio nocturno con licenza en vigor podan traballar nas mesmas condicións “que o resto de locais de hostelaría se reúnen os requisitos e cumpren horarios”. Nese sentido, a moción da formación nacionalista insta o Goberno Local a que modifique de xeito temporal “as condicións das licenzas” dos establecementos de ocio nocturno para que “podan abrir en igualdade de condicións que o resto de locais de hostalaría, mentres dure a crise sanitaria”.
O que propón o BNG é que, a condición por suposto de que se apliquen estritamente os protocolos sanitarios, os locais de ocio nocturno con licenza en vigor podan traballar nas mesmas condicións “que o resto de locais de hostelaría
Canto ás salas de concertos, entende Jorquera que deben poder programar actuacións “sempre que cumpran as mesmas esixencias que se lle piden a un bar convencional e co mesmo horario de peche agora en vigor”.
Resalta o voceiro nacionalista que as salas de concertos son “espazos de cultura e de socialización” e que desempeñan un rol fundamental “na dinamización do sector cultural galego nestes momentos de dificuldade”.
Coa moción o BNG defende tamén que con carácter xeral, e sempre desde o estrito cumprimento dos protocolos sanitarios, se permita unha ampliación mínima do horario de servizo de hostelaría e unha ampliación do horario de terrazas invernal.
SOBRE AS AXUDAS DO PRESCO
O BNG fai tamén súas as demandas do sector e demanda do Goberno Local que se axilice a concesión das xudas contempladas no PRESCO e se flexibilicen algunhas condicións á hora de xustificar os requisitos esixidos.