Na Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña ábrese unha vía de solución, pendente de se concretar
“A reunión foi frutífera. O BNG sempre dixo que o diálogo coa veciñanza era condición sine qua non para chegar a un solución satisfactoria. O Goberno Local, após ser emprazado a facelo, acabou por convocar este punto de encontro. Agora ábrese unha vía de arranxo que agardamos que se materialice, que se concrete definitivamente nunha nova xuntanza, a se realizar en outubro”, afirma Avía Veira, quen participou na Mesa de Traballo na súa condición de responsábel de Urbanismo do grupo municipal do BNG.
No transcurso da reunión, Veira instou o Goberno Local a se manter leal á letra e ao espírito do Acordo de Investidura asinado en xuño de 2019 por BNG e PSdeG. Nel contemplábase como solución para a veciñanza afectada polo Parque Ofimático a desafectación das súas vivendas ou a articulación dunha fórmula urbanística equiparábel sempre e cando contase co consenso veciñal.