urxencias
Novas
Entrada de urxencias do CHUAC

Esiximos solucións xa para o servizo de urxencias do CHUAC

Propuxemos está mañá a todos os grupos municipais unha moción para que o Pleno demande da Consellaría de Sanidade o dotar dos recursos e medios profesionais, materiais, dotacionais, clínicos e cantos foran precisos, para solucionar o colapso do servizo de urxencias do CHUAC

Tamén formulamos na nosa iniciativa que se amose o apoio público da Corporación á denuncia presentada pola Comisión de Centro Hospitalaria do EOXI e trasladar o apoio e solidariedade para coas e para cos profesionais que están a desenvolver o seu traballo nas condición precarias que se recollen no texto presentado no Xulgado de Garda

Por desgraza esta non é, nin vai ser, a última denuncia que se realiza contra da xestión na área sanitaria da Coruña, ou de Galiza no seu conxunto, xa sexa pola saturación dun servizo, neste caso un tan sensíbel como o de urxencias, como pola xestión do conxunto dos servizos sanitarios que se prestan por parte do Sergas, xa que estamos diante dun proceso orquestrado que non ten outro obxecto que o desmantelamento da sanidade pública, folla de ruta trazada pola Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade para o conxunto do país

Ler novas
Novas
A nosa parlamentaria Montse Prado nun momento dunha intervención nunha Comisión do Parlamento

Trasladamos ao Parlamento de Galiza a situación da área sanitaria da Coruña

Demandamos abrir as camas que permanecen pechadas no Abente y Lago pese ao colapso diario nas urxencias

Reclamamos un Plan de mellora de atención primaria para acabar coas listas de agarda e garantir unha asistencia de calidade que evite os colapsos nas urxencias hospitalarias que se traducen en doentes nos corredores e recibindo unha peor atención sanitaria

Ler novas