CHUAC
Esiximos solucións xa para o servizo de urxencias do CHUAC
Propuxemos está mañá a todos os grupos municipais unha moción para que o Pleno demande da Consellaría de Sanidade o dotar dos recursos e medios profesionais, materiais, dotacionais, clínicos e cantos foran precisos, para solucionar o colapso do servizo de urxencias do CHUAC
Tamén formulamos na nosa iniciativa que se amose o apoio público da Corporación á denuncia presentada pola Comisión de Centro Hospitalaria do EOXI e trasladar o apoio e solidariedade para coas e para cos profesionais que están a desenvolver o seu traballo nas condición precarias que se recollen no texto presentado no Xulgado de Garda
Por desgraza esta non é, nin vai ser, a última denuncia que se realiza contra da xestión na área sanitaria da Coruña, ou de Galiza no seu conxunto, xa sexa pola saturación dun servizo, neste caso un tan sensíbel como o de urxencias, como pola xestión do conxunto dos servizos sanitarios que se prestan por parte do Sergas, xa que estamos diante dun proceso orquestrado que non ten outro obxecto que o desmantelamento da sanidade pública, folla de ruta trazada pola Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade para o conxunto do país
Vimos de lle presentar esta mañá a todos os grupos municipais unha proposta de moción para o seu debate este vindeiro luns para que o Pleno demande da Consellaría de Sanidade o dotar dos recursos e medios profesionais, materiais, dotacionais, clínicos e cantos foran precisos, para solucionar o colapso do servizo de urxencias do CHUAC.
Esta iniciativa vén motivada pola denuncia realizada este pasado mércores pola Comisión de Centro Hospitalaria do EOXI diante do Xulgado de Garda, e na que se daba coñecemento da situación de colapso do servizo de urxencias do CHUAC.
Deste xeito, agardamos un posicionamento contundente por parte da Corporación Municipal en defensa da veciñanza da área sanitaria da Coruña e dos servizos que se prestan desde a Xerencia, así como tamén defensa para coas e cos profesionais que veñen desenvolvendo o seu traballo nas condicións de precariedade que son expostas na denuncia.
Por desgraza esta non é, nin vai ser, a última denuncia que se realiza contra da xestión na área sanitaria da Coruña, ou de Galiza no seu conxunto, xa sexa pola saturación dun servizo, neste caso un tan sensíbel como o de urxencias, como pola xestión do conxunto dos servizos sanitarios que se prestan por parte do Sergas, xa que estamos diante dun proceso orquestrado que non ten outro obxecto que o desmantelamento da sanidade pública, folla de ruta trazada pola Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade para o conxunto do país”, conclúe a portavoz nacionalista no concello Avia Veira.
Por último, a moción tamén formula o apoio ás mobilizacións que desde distintas entidades e organizacións se están a convocar en vindeiras datas en defensa dos servizos públicos sanitarios, polo que solicitamos secundar a concentración prevista na nosa cidade para as 20.00 h, do mércores 24 de xaneiro, diante do Obelisco, así como a mobilización nacional que se ten previsto desenvolver en Santiago de Compostela o vindeiro 4 de febreiro.
A Coruña, 5 de xaneiro de 2018.