Novas
O Goberno Local anuncia a conxelación das taxas e impostos após o BNG lle advertir que non daría apoio a ningunha suba
07/nov./2024
No Pleno de novembro, o portavoz do Goberno Local anunciou a intención de conxelar as taxas do concello en 2025. Faino despois de que o BNG durante esta semana lle advertise, no curso de conversas sobre as ordenanzas fiscais, que o único escenario que contemplabs era o da conxelación dos tributos municipais.