Novas
Na homenaxe a Curros, Rego pon en valor a "traxectoria limpa" do BNG na defensa dos intereses do país no Estado
15/xul./2025
O BNG da Coruña realizou este serán, nos Xardíns de Méndez Núñez, a xa tradicional homenaxe a Curros Enríquez, un tributo que alcanza a súa 31 edición e que se insire nos actos previos ao Día da Patria Galega que organizan o Bloque e Galiza Nova, a organización xuvenil do nacionalismo galego.