PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS DO BNG AO CONGRESO E AO SENADO

"O voto ao BNG ten un dobre valor"

Rosana Pérez, Francisco Jorquera, Ana Pontón, Néstor Rego. Presentación ante os medios da candidatura do BNG para as xerais 2023.
Rosana Pérez, Francisco Jorquera, Ana Pontón, Néstor Rego. Presentación ante os medios da candidatura do BNG para as xerais 2023.
"O voto ao BNG ten un dobre valor. É un dique fronte á dereita e á extrema dereita, mais á vez é o único voto que asegura que Galiza conte", dixo o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, durante o acto de presentación da candidatura do BNG para as eleccións xerais do 23 de xullo que coprotagonizou canda Néstor Rego, número 1 da nosa lista pola circunscrición coruñesa, e Ana Pontón, líder do Bloque.
"O voto ao BNG ten un dobre valor"

A candidatura do BNG, dixo Jorquera nun acto ao ar libre, en plena Praza da Fariña, está integrada por persoas solventes e comprometidas.

"Persoas como Iria Taibo -número 3 ao Congreso-, Manuel Presas, Ignacio Siota, Alberte García Nicolás ou Carlos Babío", que representan as comarcas da Coruña e As Mariñas nas listas do Bloque ao Congreo e ao Senado.

Persoas como Rosana Pérez, número 2 da candidatura, presente no acto, ou Néstor Rego, "quen fixo un inmenso traballo nestes catro anos".

"Grazas a el", dixo en relación a Rego, "Galiza tivo voz. Porque todos coñecemos a súa voz. Ninguén, en troca, coñece a dos caladiños. A voz dos 22 restantes deputados galegos electos nas listas dos partidos estatais".

Francisco Jorquera, na presentación ante os medios da candidatura do BNG para as xerais 2023.
Francisco Jorquera, durante a súa intervención

Botou man da súa experiencia persoal para proclamar que "sempre foi así". "Cando eu era deputado en Madrid, había 23 deputados galegos, mais cando alguén dicía: que van a votar los gallegos? o esto hay que negociarlo con los gallegos a quen se estaban a referir era o BNG!", enfatizou. E iso é porque o BNG só ten unha obediencia, a de servir os interese galegos, a de garantir que a axenda galega sexa atendida.

Axenda galega e tamén coruñesa: para que, por exemplo, o Estado asume a débeda contraída co porto da Coruña para a construción da dársena exterior ou para que se modernicen de vez as conexións ferroviarias da nosa cidade con Ferrol e Lugo, concluíu Jorquera.

 

"O voto ao BNG ten un dobre valor"