Murais de Urbano Lugrís
Novas
Mercedes Queixas a reclamar a declaración BIC para os murais de Urbano Lugrís

Como advertimos hai meses, os murais de Lugrís corren serio risco e non hai tempo que perder

Agora que acaba de transcender que, de acordo co informe encargado polo Concello, os murais de Urbano Lugrís se achan en estado “crítico”, é ben lembrar que xa o 23 de marzo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instaba o Goberno Local a que tomase a iniciativa e restaurase a obra do xenial artista coruñés sen agardar polos propietarios do inmóbel (números 25-27 da Rúa Olmos) no que se acha.
Ler novas
Novas
Mural Urbano Lugrís

Non caben máis demoras: o Concello debe salvar xa os murais de Urbano Lugrís

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, é partidario de que, sen máis demora, o Goberno Local active a execución subsidiaria e a Administración coruñesa proceda a garantir a conservación dos murais pintados por Urbano Lugrís no interior dun edificio da rúa Olmos 25, sen agardar a que o fagan antes os propietarios do inmóbel.
Ler novas
Novas
Mural Urbano Lugrís

Hai que salvar os murais de Urbano Lugrís!

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno do vindeiro 13 de decembro, por medio do cal insta o Goberno Local a que garanta a protección do “tesouro artístico” que representan “os murais de Urbano Lugrís” sitos na rúa Olmos número 25 e ameazados polo lamentábel estado de conservación do edificio que os alberga.
Ler novas