UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS

Sumámonos a diversos colectivos da cidade e pedimos que os murais de Urbano Lugrís sexan BIC

Mural Urbano Lugrís
A súa integridade está seriamente ameazada e falamos de obras dun maiores pintores coruñeses do século XX,  na vangarda do surrealismo galego durante esa centuria. Referímonos aos murais que Urbano Lugrís (1908-1973) pintou na década dos anos 50 e que se atopan no baixo dun edificio en estado de abandono no número 25 da Rúa dos Olmos.
Sumámonos a diversos colectivos da cidade e pedimos que os murais de Urbano Lugrís sexan BIC

Os murais corren serio perigo e iso leva a deputada do BNG Mercedes Queixas –recollendo a demanda de colectivos da cidade como In nave civitas e O Mural- a rexistrar un feixe de iniciativas no Parlamento galego cun obxectivo básico: que a Xunta de Galiza active medidas de protección dos murais e, en concreto, incoe o expediente para a súa declaración como Ben de Interese Cultural, catalogación de que xa gozan outras obras do artista.

“Estamos a falar dun excelso muralista e dun dos máximos expoñentes do surrealismo galego”, remarca Mercedes Queixas, quen salienta aínda que A Coruña “foi o seu territorio vital e é o escenario principal que acolle o sue legado artístico”.

E parte dese herdo é o que corre “serio risco” debido ao “absoluto abandono” do edificio en cuxo interior se acha, o inmóbel do número 25 da Rúa dos Olmos. Estase a filtrar auga no seu interior e as humidades ameazan con deteriorar os murais.

En concreto, Queixas rexistrou unha proposición non de lei, para o seu debate no Pleno, ben como preguntas por escrito e tamén orais.

O asunto xa fora levado polo BNG ao Pleno na sesión ordinaria correspondente ao mes de decembro, en forma dun rogo oral lido polo noso voceiro e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera.

 

 

Sumámonos a diversos colectivos da cidade e pedimos que os murais de Urbano Lugrís sexan BIC