Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?
Preguntaremos no próximo Pleno sobre as demoras na notificación do IBI deste ano
A administración municipal debería ter tido especial sensibilidade e coidado nas notificacións de pagamento do IBI deste ano, tendo en conta que o calendario foi modificado producíndose un adiantamento na axenda de abono voluntario
Queremos que o Executivo detalle que medidas se tomaron para facer chegar a tempo as notificacións cando xa quedou demostrado que unha parte delas non foron remitidas a tempo. É por iso que demandamos explicacións do por que se produciu este desfase, así como queremos que se nos indiquen as incidencias recollidas polo servizo tributario a respecto das persoas contribuíntes que fixeron constar que recibiron tarde ou mesmo non recibiron a notificación de pagamento do IBI