O BNG considera acertada a decisión do Goberno municipal a respecto do IBI
A Coruña, 16 de marzo de 2016.- O BNG considera acertado, segundo ten aparecido en diversos medios locais desde primeira hora da tarde, que o Goberno municipal dea marcha atrás na súa intención de adiantar entre maio e setembro o pago do Imposto de Bens Inmóbeis.
O BNG considera acertado que o Executivo local escoitara a demanda da veciñanza e retome o calendario de cobro do IBI de anos anteriores para este 2016
Estas informacións, que aparecen xusto despois de que a formación nacionalista presentara está mañá en rolda de prensa unha campaña de recollida de sinaturas polos barrios da cidade na que precisamente se solicitaba que non se adiante o cobro do imposto de bens inmóbeis (IBI) ao período entre maio e setembro, xunto co pago domiciliado para principios de xullo, son, para o BNG, a constatación de que incluso o propio Executivo local era consciente de que adiantar este cobro era froito dunha decisión na que non se tivo en conta as maiorías sociais da cidade e era, a todas luces, errada e precipitada, que non tivera en conta a capacidade económica da maioría da xente, e que en ningún momento contou cun debate profundo xunto coa veciñanza.
As nacionalistas, de confirmarse nas próximas horas que non se adianta o cobro do imposto de bens inmóbeis (IBI) ao período entre maio e setembro, incluído o pago domiciliado previsto para xullo, non levarían a cabo a campaña de recollida de sinaturas polos barrios ao entender que o obxectivo da mesma cumpriuse incluso antes de comezar
Deste xeito, e de confirmase nas vindeiras horas que se retoma para este ano 2016 o calendario fiscal que houbo en anos anteriores, o Bloque non levaría a cabo a campaña de recollida de sinaturas xa que o seu obxectivo foi cumprido incluso antes de ter comezado, indican desde a formación nacionalista.
Avia Veira: Que o Goberno municipal dea marcha atrás na súa decisión de cobrar o IBI en maio parécenos acertado mais non podemos seguir nesta dinámica na que as decisións do Executivo local tómanse de xeito precipitado, sen atender ás suxestións e achegas que lles facemos outros grupos, incluso afirmando que os acordos tomados en Pleno non son vinculantes, e sen escoitar á veciñanza da cidade
Por último, a concelleira nacionalista Avia Veira sinala que o BNG non desbota que se poida adiantar o cobro do IBI en 2017, iso si, cunha maior e mellor planificación. Paro nós, que o Goberno municipal dea marcha atrás na súa decisión de cobrar o IBI en maio parécenos acertado mais non podemos seguir nesta dinámica na que as decisións do Executivo local tómanse de xeito precipitado, sen atender ás suxestións e achegas que lles facemos outros grupos, incluso afirmando que os acordos tomados en Pleno non son vinculantes, e sen escoitar á veciñanza da cidade. Agora cómpre facer unha planificación dun calendario fiscal para o ano 2017 acaído ás maiorías sociais e ás persoas e no que se podan acoller o maior número de persoas ao plan de pago personalizado. E agardamos que se lle consulte á veciñanza e aos demais grupos antes de facelo público, conclúe Avía Veira.
Enlace da rolda de prensa de Avia Veira e David Pena
Noticias relacionadas: