Seguiremos con franquistas nas nosas rúas
Instamos o Goberno municipal a deixarse de escusas e a retirar toda a simboloxía franquista que aínda queda na cidade da Coruña
Desde que en setembro de 2016, durante a quenda do escano cidadá, se relatou toda a simboloxía franquista que aínda quedaba por retirar na cidade da Coruña, o Goberno municipal non realizou ningunha actuación concreta e fía todo ao “asesoramento” da Comisión da Memoria Democrática
A respostas por escrito formuladas por nós, o Executivo argumenta que non iniciou ningunha actuación xa que “o obxectivo é que coa constitución do Consello da Memoria Democrática sexa este órgano consultivo o que asesore e avance neste proceso”
Tal e como se deu conta na reunión de Comisión de Honras e Distincións do 31 de outubro de 2016, precisamente onde se levou a debate a intervención do escano cidadá, «[sic] (...) de conformidade co disposto no artigo 8 do vixente Regulamento para a Concesión de Honras e Distincións, para a revogación de distincións, deberá instruírse un expediente motivado (...) e corresponderá á Alcaldía, non á Comisión (de Honras e Distincións)», quen ten que iniciar o proceso de retirada das nosas rúas do franquismo é o alcalde: non se pode argumentar que se está agardando a que unha Comisión had doc ratifique que existen rúas na nosa cidade dedicadas a asasinos e participantes do Golpe de Estado de 1936 e da ditadura posterior