MEMORIA HISTÓRICA

Após 2017 a aguia franquista segue aniñada en María Pita

Detalle da vidreira franquista coa aguia en primeiro termo
Detalle da vidreira franquista coa aguia en primeiro termo

Preguntamos por que a vidreira con simboloxía franquista que aínda permanece no Concello da Coruña non foi retirada en 2017

O alcalde da Coruña anunciou a finais de 2016 a substitución desta vidreira para o 2017 e en resposta escrita a unha iniciativa presentada por nós a mediados do ano pasado, o Goberno municipal garantía “salvo incidencias ou imprevistos” que se estaba traballando na execución desta retirada para ese ano

Estamos ante outra renuncia e outro incumprimento máis. A publicidade e a propaganda se non vai acompañada coa execución do que se promete convértese en fume. E aínda que se se venda mil veces fume o feito de que a vidreira sega instalada é inexorábel. No corazón do edificio principal da Cidade segue o símbolo do franquismo cando deixamos xa atrás o 2017. E exiximos a súa retirada de xeito inmediato

Após 2017 a aguia franquista segue aniñada en María Pita

Vimos de presentar está mesma mañá unha pregunta escrita (podes descargala premendo aquí) na que exiximos do Goberno municipal explicacións de por que non foi substituída a vidreira, ou a parte da mesma con simboloxía franquista, que aínda hoxe permanece no edificio do Concello da Coruña.

O propio alcalde Xulio Ferreiro, a finais de 2016, anunciaba o compromiso do Goberno municipal, para o 2017, de substituír os elementos con contidos franquistas que aínda conserva esta composición de vidro, situada na escaleira principal que dá acceso ao primeiro andar do edificio do Concello da Coruña, sendo ese compromiso realizado publicamente a través dunhas declaracións en varios medios de comunicación.

De feito, presentabamos a mediados do ano pasado, e preocupados pola evidente demora da actuación, unha iniciativa na que solicitabamos do Executivo local unha calendarización para a substitución da vidreira, recibindo contestación escrita na que se garantía “salvo incidencias ou imprevistos” que se estaba traballando na execución desta retirada para ese ano.

Estamos ante outra renuncia e outro incumprimento máis. A publicidade e a propaganda se non vai acompañada coa execución do que se promete convértese en fume. E aínda que se se venda mil veces fume o feito de que a vidreira sega instalada é inexorábel. No corazón do edificio principal da Cidade segue o símbolo do franquismo cando deixamos xa atrás o 2017. E exiximos a súa retirada de xeito inmediato.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2018.

 

Noticias relacionadas:

 

Após 2017 a aguia franquista segue aniñada en María Pita