CASA CORNIDE

Xa é tempo de lle devolver a Casa da Cornide á súa lexitima dona: A Coruña

Momento da toma simbólica da Casa Cornide realizada en setembro de 2017
Momento da "toma simbólica" da Casa Cornide realizada por compañeiras e compañeiros do BNG en decembro de 2017

Presentamos unha moción para o Pleno do vindeiro luns para que a Casa Cornide pase a formar parte do patrimonio público e non do dereito de sucesión da familia Franco

Solicitamos mediante esta iniciativa que o Pleno da Corporación Municipal inste tanto a Xunta de Galiza como ao Goberno do Estado a que a Casa Cornide se reintregre ao patrimonio público

O espolio da Casa Cornide está clara e debidamente documentado: existiu unha trama, na que interveu o Concello da Coruña, o Ministerio de Facenda, o Ministerio de Educación e a Casa Civil do Caudillo para enmascarar como poxa un auténtico espolio en beneficio de Carmen Polo que desexaba unha casa en plena Cidade Vella. E hora xa de que se devolva á cidade e se reintegre ao patrimonio de todas as coruñesas e de todos os coruñeses

Xa é tempo de lle devolver a Casa da Cornide á súa lexitima dona: A Coruña

Presentamos esta maña unha iniciativa (podes descargala premendo aquí) pola cal se demanda que a Casa Cornide pase a formar parte do patrimonio público e non do dereito de sucesión da familia Franco.

Así, nesta moción, que presentamos para o seu debate no vindeiro Pleno do luns, e tendo en conta o recente pasamento da filla do ditador Francisco Franco, herdeira, entre outros bens, da Casa Cornide, e tal e como se ten acreditado recentemente, adquirida mediante un proceso manipulado, consideramos que é un bo momento para que as administracións da Xunta e do Estado adopten as medidas necesarias para a súa reincorporación ao patrimonio público.

E é que toda vez que quedou acreditado, como se ten documentado polos historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez, na súa obra “Meiras: un pazo, un caudillo, un espolio”, que a Casa Cornide foi adquirida mediante a montaxe dun complexo proceso administrativo que involucrou distintas administracións, entre elas o propio Concello da Coruña, e distintos particulares adscritos ao réxime que serviron fielmente ao interese do ditador e, especialmente, da súa muller Carmen Franco, para se dotar dunha “casa” en plena Cidade Vella da Coruña, lembramos que aínda queda pendente unha débeda a respecto da restitución dos distintos bens públicos enaxenados e espoliados en beneficio do ditador, e que neste caso concorrendo precisamente a participación do propio Concello, colaborador necesario, entendemos que a administración local debe, precisamente, tomar a iniciativa e iniciar o camiño de volta ao patrimonio da cidade deste emblemático edificio da Cidade Vella para a súa restitución e reintegro plenos.

O espolio da Casa Cornide está clara e debidamente documentado: existiu unha trama, na que interveu o Concello da Coruña, o Ministerio de Facenda, o Ministerio de Educación e a Casa Civil do Caudillo para enmascarar como poxa un auténtico espolio en beneficio de Carmen Polo que desexaba unha casa en plena Cidade Vella. E hora xa de que se devolva á cidade e se reintegre ao patrimonio de todas as coruñesas e de todos os coruñeses.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2018.

 

Noticias relacionadas:

Xa é tempo de lle devolver a Casa da Cornide á súa lexitima dona: A Coruña