Francisco Jorquera
Novas
Jorquera e Veira no Pleno de abril

Apoio unánime do Pleno á moción do BNG que incorporaba as demandas das persoas maiores

O Pleno ordinario do mes de abril aprobou por unanimidade a moción coa que o BNG trasladaba ao Concello demandas dos colectivos de maiores Asociación Provincial Coruñesa de Xubilados e Pensionistas en Acción e Grupo de Xubilados e Pensionistas de Cigarreiras e Tabaqueiros. A iniciativa incorporaba tamén algunhas das queixas e reivindicacións contra a exclusión financeira recollidas no espazo dixital O Novo Normal, argumento da concentración que un nutrido grupo de persoas protagonizou o pasado domingo na Praza de Pontevedra.
Ler novas
Novas
Moçom

Trasladámoslle ao Pleno as propostas de dous colectivos de persoas maiores

Un espazo público verdadeiramente democrático é aquel feito á medida das persoas, accesíbel a todas e todos por igual, con independencia da súa idade e condición. Camiñar cara ese modelo de calidade urbana pasa, entre outras cousas, por facer unha cidade o máis vivíbel posíbel para as persoas maiores. É por isto que o BNG incorpora nunha moción propostas de dous colectivos de maiores cos que a formación nacionalista mantivo encontros recentes. A iniciativa vaina defender o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, no Pleno do vindeiro 7A.
Ler novas
Vídeo
Un café con... Francisco Jorquera

Un café con... Francisco Jorquera

A canle de Youtube do BNG da Coruña estrea este 29M nha nova sección, “Un café con...”, e faino cunha conversa co noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.

O presente da cidade, as potencialidades da Coruña, o balance de xestión do Goberno Local, os orzamentos do Concello para 2022, o BNG como alternativa e a vivencia persoal en María Pita son as cuestións que aborda Jorquera durante a entrevista.

Ler novas