A canle de Youtube do BNG da Coruña estrea este 29M nha nova sección, “Un café con...”, e faino cunha conversa co noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
O presente da cidade, as potencialidades da Coruña, o balance de xestión do Goberno Local, os orzamentos do Concello para 2022, o BNG como alternativa e a vivencia persoal en María Pita son as cuestións que aborda Jorquera durante a entrevista.