UNHA INICIATIVA DE JORQUERA PARA O PLENO DO 7A

Trasladams ao Pleno as propostas de dous colectivos de persoas maiores

Moçom
Encontro coa Asociación de Xubilados e Pensionistas en Acción
Un espazo público verdadeiramente democrático é aquel feito á medida das persoas, accesíbel a todas e todos por igual, con independencia da súa idade e condición. Camiñar cara ese modelo de calidade urbana pasa, entre outras cousas, por facer unha cidade o máis vivíbel posíbel para as persoas maiores. É por isto que o BNG incorpora nunha moción propostas de dous colectivos de maiores cos que a formación nacionalista mantivo encontros recentes. A iniciativa vaina defender o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, no Pleno do vindeiro 7A.
Trasladams ao Pleno as propostas de dous colectivos de persoas maiores

En concreto, os colectivos son a Asociación Provincial Coruñesa de Xubilados e Pensionistas en Acción e o Grupo de Xubilados e Pensionistas de Cigarreiras e Tabaqueiros.

Na exposición de motivos desta moción, Jorquera precisa que “na nosa cidade as persoas maiores de 64 anos xa representan 25,2% do total (61.757), das cales 17,19% ultrapasan os 85”. Dito doutro xeito: “Por cada 100 habitantes da nosa cidade con menos de 20 anos, hai 151 maiores”. “A Coruña xa é a terceira cidade galega cunha idade media máis elevada (46,84 anos) e un índice de avellentamento máis alto”, engade.

A cidade non é suficientemente amábel para un grupo etario tan amplo e, por tanto, cómpre tomar medidas desde o Concello para garantir a súa calidade de vida. “O desfrute do espazo público polas persoas maiores é un dos mellores indicadores da calidade dun modelo urbano”, argúe Jorquera.

Por cada 100 habitantes da nosa cidade con menos de 20 anos, hai 151 maiores

Entre as demandas concretas que incorpora esta moción, e no relativo ás competencias do Concello, figura a creación dun servizo de atención especializada en materia de información e asesoramento sobre trámites municipais, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a habilitación e mantemento de aseos públicos en zonas de responsabilidade do Concello (parques, aparcadoiros públicos, edificios de titularidade municipal), a creación dunha tarxeta da persoa maior que garanta beneficios en forma de desconto ou mesmo de gratuidade no acceso a centros e espazos culturais e no transporte público urbano.

A moción tamén persegue que o Goberno Local se dirixa á Xunta da Galiza e ao Goberno do Estado para que estes executivos tomen medidas tendentes a paliar a situación de exclusión dos servizos financeiros que sofren moitos maiores na nosa cidade, garantindo entre outras cousas a axuda a aquelas persoas con dificuldades para manexar novas tecnoloxías, a atención telefónica individualizada ou o mantemento de oficinas de proximidade e caixeiros.

 

Trasladams ao Pleno as propostas de dous colectivos de persoas maiores