Servizos sociais, barrios e mobilidade a debate no vindeiro Pleno
Preguntaremos no Pleno de xaneiro sobre a renuncia da Marea Atlántica ao Plano de Inclusión Social
Tamén levamos sendas iniciativas polo Parque do Observatorio da Agra e o carril-bus
Preguntaremos no Pleno de xaneiro sobre a renuncia da Marea Atlántica ao Plano de Inclusión Social
Tamén levamos sendas iniciativas polo Parque do Observatorio da Agra e o carril-bus
Preguntamos por que a vidreira con simboloxía franquista que aínda permanece no Concello da Coruña non foi retirada en 2017
O alcalde da Coruña anunciou a finais de 2016 a substitución desta vidreira para o 2017 e en resposta escrita a unha iniciativa presentada por nós a mediados do ano pasado, o Goberno municipal garantía “salvo incidencias ou imprevistos” que se estaba traballando na execución desta retirada para ese ano
Estamos ante outra renuncia e outro incumprimento máis. A publicidade e a propaganda se non vai acompañada coa execución do que se promete convértese en fume. E aínda que se se venda mil veces fume o feito de que a vidreira sega instalada é inexorábel. No corazón do edificio principal da Cidade segue o símbolo do franquismo cando deixamos xa atrás o 2017. E exiximos a súa retirada de xeito inmediato
Non entendemos que case pasadas xa 3 semanas desde o remate do prazo para a presentación das emendas de carácter técnico aínda non exista unha previsión de temporalización para a súa aprobación definitiva
Tamén estamos agardando a que se nos comunique que prazos manexa o Executivo local para incorporar a nosa alegación, para cando quere realizar o modificativo de crédito onde se garantan os investimentos que foron aceptados no proceso de negociación e os prazos para executalos. Se finalmente son aprobados nunha data moi similar a do ano pasado, o 23 de maio, queremos garantía de que as achegas pactadas nese proceso sexan incorporadas de xeito inmediato