ORZAMENTOS MUNICIPAIS
Que está facendo o Goberno municipal cos orzamentos de 2017?
Non entendemos que case pasadas xa 3 semanas desde o remate do prazo para a presentación das emendas de carácter técnico aínda non exista unha previsión de temporalización para a súa aprobación definitiva
Tamén estamos agardando a que se nos comunique que prazos manexa o Executivo local para incorporar a nosa alegación, para cando quere realizar o modificativo de crédito onde se garantan os investimentos que foron aceptados no proceso de negociación e os prazos para executalos. Se finalmente son aprobados nunha data moi similar a do ano pasado, o 23 de maio, queremos garantía de que as achegas pactadas nese proceso sexan incorporadas de xeito inmediato
Preocupámonos pola aparente inacción que está amosando o Goberno municipal para coa aprobación definitiva dos orzamentos municipais deste 2017. E cabe preguntámonos que está a facer o Executivo local, pasadas case xa 3 semanas desde o remate do prazo para a presentación das alegacións de carácter técnico, logo de se evidenciar que non existe ningunha previsión a corto prazo para a convocatoria do Pleno extraordinario para a súa aprobación definitiva.
Deste xeito, e tendo en conta que a esta altura séguese cos orzamentos 2016 prorrogados, as datas aproximadas para a entrada en vigor das contas deste ano non se produciría até mediados de maio, situación similar á acontecida o ano pasado cando os orzamentos do Concello da Coruña de 2016 non foron aprobados de xeito definitivo até a segunda quincena de maio.
Do mesmo xeito, tamén preocúpanos que a esta altura tampouco se nos ten comunicado o xeito de como incorporar a alegación pactada no proceso de negociación na que se incorporaban investimentos de até case un millón de euros, nin os prazos para realizalo.
Neste sentido, lembramos que grazas as esta achega incorporábanse as contas, entre outras, diversas partidas en servizos sociais, como 250.000 euros ao sistema de axudas para o pagamento do SAD co obxectivo de eliminar o copagamento deste servizo, en educación, con 175.000 euros para obras menores de investimentos en CEIP, IES e EPAPU, como o Anxo da Garda, ou mesmo en emprego e economía social, coa incorporación de partidas por 295.000 para un Plano de Industrialización para a Coruña, a posta en marcha dun Banco de Baixos Comerciais ou a recuperación do Alén Oulet.
Tamén estamos agardando a que se nos comunique que prazos manexa o Executivo local para incorporar a nosa alegación, para cando quere realizar o modificativo de crédito onde se garantan os investimentos que foron aceptados no proceso de negociación e os prazos para executalos. Se finalmente son aprobados nunha data moi similar a do ano pasado, o 23 de maio, queremos garantía de que as achegas pactadas nese proceso sexan incorporadas de xeito inmediato.
A Coruña, 19 de abril de 2017
Artigos relacionados: