Por que o Goberno municipal non contesta á Xunta de Persoal do Concello?

Concentración do funcionariado do Concello en María Pita
Por que o Goberno municipal non contesta á Xunta de Persoal do Concello?

A Coruña, 25 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG presentou esta mañá unha batería de preguntas nas que solicita do Goberno municipal aclaracións sobre o por que aínda non contestou os numerosos escritos presentados pola Xunta de Persoal do Concello da Coruña.

O BNG presenta unha batería de preguntas para coñecer o motivo da negativa do Goberno Local a atender os escritos e peticións da Xunta de Persoal

mani_funcionariado_concello

Ao longo da maña deste xoves, a Xunta de Persoal trasladoulle ao cadro de persoal do Concello o seu acordo do 23 de febreiro polo que decidían achegar o estado actual de até 29 comunicacións que foron presentadas ao longo destes últimos meses.

No correo masivo remitido ás traballadoras e traballadores do Concello, infórmase xunto coa data de presentación –os primeiros son do 3 de xullo de 2015–, o obxecto do escrito, e o estado de tramitación actual polo que as nacionalistas tiveron coñecemento de que 28 comunicacións –dunha totalidade de 29– aínda non foron nin contestadas polo Executivo local.

As nacionalistas tiveron coñecemento a través dun correo masivo enviado pola Xunta de Persoal esta mañá no que facía referencia ás 28 peticións e escritos presentados desde xullo do ano pasado e que o Goberno aínda non tivo a ben contestar

Nas súas preguntas, o Bloque pídelle ao Goberno municipal que aclare os motivos de por que non está contestando a cada unha destas comunicacións que presentou a Xunta de Persoal, así como cando as ten pensado contestar.

Para concluír, o Grupo Municipal do BNG manifesta que non é de recibo que o máximo órgano de representación das traballadoras e dos traballadores do Concello leve agardando oito meses a que contesten algunhas das súas peticións e escritos e insta o Goberno da Marea Atlántica a ser máis dilixente coas demandas do persoal municipal.

Por que o Goberno municipal non contesta á Xunta de Persoal do Concello?