O BNG o único que vota en contra da comparecencia do Concello no recurso da veciñanza no Ofimático
Na sesión da Comisión de Facenda e Administración Pública, que tivo lugar o venres 28 de agosto, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego foi o único grupo que votou en contra da comparecencia do Concello da Coruña no recurso que as veciñas e os veciños de Elviña presentaron contra a aprobación definitiva da Modificación Puntual do Plan Parcial do Sector 10 Parque Ofimático.
O BNG votou en contra da comparecencia do Concello no recurso das veciñas e veciños de Elviña contra o Plan parcial do Ofimático, en coherencia co que fixera en Pleno na votación deste planeamento
O Bloque da Coruña manifesta que non se pode defender o indefendíbel e que votou en coherencia co feito no Pleno que tivo lugar en decembro de 2014, no que o BNG votou en contra da modificación puntual do Plan do Ofimático por tratarse dun Plan que beneficiaba aos grandes promotores, e a Xestur, en detrimento da veciñanza de Elviña, e por conter algunhas ilegalidades.
A formación nacionalista lembra que se trata dun Plan parcial, que contén certas ilegalidades, pensado para beneficiar os grandes promotores e a Xestur en detrimento da veciñanza de Elviña
En definitiva, o BNG considerou que é hora xa de iniciar os trámites para modificar o planeamento do parque Ofimático, desta volta, en defensa dos intereses da veciñanza de Elviña.